• Nº Rexistro Sanitario C-15-002801
Servicios de fisioterapia e exercicio terapéutico en Zas

Servizos de fisioterapia e exercicio terapéutico en Zas

O teu centro de fisioterapia de confianza

Mediante un proceso de actualización e formación continuada no eido da fisioterapia, as nosas profesionais están listas para proporcionarche unha consulta adaptada ás túas necesidades individuais.

Dende un estudo da túa doenza e a realización de diferentes probas para saber como abordala, ata a aplicación de diversas técnicas para o seu tratamento e as recomendacións posteriores á consulta, en Vértebra Fisioterapia queremos brindarche un servizo integral, convertíndonos no teu centro de fisioterapia de confianza.

Solicita unha cita coas nosas profesionais hoxe mesmo e esquécete da dor!

P teu centro de fisioterapia de confianza

Que técnicas de tratamento empregan as nosas fisioterapeutas en Zas?

Técnica miofascial

Práctica indolora que consiste na aplicación de presión suave nos tecidos, para liberar as tensións provocadas polas dores crónicas e agudas.

Drenaxe linfática manual

Con movementos lentos, suaves e repetidos levamos a cabo esta técnica manual que estimula o sistema linfático e favorece a eliminación de líquidos.

Técnica visceral

A técnica visceral busca mellorar a mobilidade e a función dos órganos internos, aliviando problemas dixestivos, respiratorios ou musculoesqueléticos.

Ecografía músculo-esquelética

As nosas fisioterapeutas en Zas empregan o ecógrafo como unha ferramenta para poder determinar o tratamento máis adecuado para cada paciente.

Radiofrecuencia Capenergy

Este tipo de corrente de alta frecuencia estimula os tecidos aumentando a súa temperatura, reactivándoos e acelerando os tempos de recuperación.

Punción seca

A punción seca é unha técnica semiinvasiva na que empregamos agullas de acupuntura en zonas dos músculos que se manteñen en contracción.

VNM

Tamén coñecida como kinesiotape, a vendaxe neuromuscular emprega vendaxes para estimular ou relaxar o músculo no que o coloquemos.

Electroterapia

A electroterapia é un tratamento do eido da fisioterapia que emprega correntes eléctricas para tratar diversas patoloxías e lesións nos pacientes.

Clases de exercicio terapéutico, preparto, posparto e pilates

Clases de exercicio terapéutico preparto, posparto e pilates

As clases de pilates e exercicio terapéutico adaptadas ao embarazo e posparto ofrecen unha ampla gama de vantaxes como a mellora da mobilidade, o aumento da forma e a estabilidade, ademais dunha recuperación postural e do chan pélvico.

Por isto, en Vértebra Fisioterapia ofrecemos a opción de realizar estas actividades en grupos reducidos tanto para as futuras nais como para aquelas que acaban de selo. Así, axudámolas a preparar e recuperar o corpo durante as diferentes etapas, mellorando a postura, realizando exercicios de respiración e empregando técnicas de relaxación, brindando unha atención integral esencial nestes momentos.

Solicita unha cita previa no noso centro de fisioterapia

En Vértebra Fisioterapia contamos con un equipo de fisioterapeutas en Zas cunha grande experiencia e formación que che proporcionarán unha atención personalizada, levando a cabo as técnicas precisas para mellorar a doenza que padezas.

Solicitar cita